Felipe Pardo Otero
Storyteller / Filmmaker / VFX Compositor / Visual Designer / IT Engineer





Escritor de vocación, informático de profesión, cineasta de ocasión, sempre creativo e poucas veces remunerado. Resúltame moi difícil definirme profesionalmente. Sobretodo porque me aventurei a probar campos moi distintos a fin de ter un entendemento o máis completo posible daquilo que me movía. Son a antítesis dun especialista. E sen embargo a visión panorámica que gañei con cada nova habilidade convertiume nun perfecto comodín. Ese xogador de equipo que sae ó campo e salva o día.
No eido audiovisual, o que máis me gusta, pasei por case todo rol posible, pero a miña formación e intereses centráronse sempre na Dirección, a Montaxe e o Guión, merecendo mención aparte a composición de efectos visuais. Tamén aprendín a compoñer Motion Graphics en 2D e 3D.
Por outro lado, no campo do deseño estou acostumado a manexar as ferramentas habituais para artes gráficas, pero recentemente ampliei miras enfocándome á creación de páxinas web con HTML5 e WordPress.
E para cerrar o círculo están tódolos coñecementos de programación e software que se presupoñen nun enxeñeiro, conservando de maneira especialmente fresca aqueles relacionados coa POO e as metodoloxías áxiles.
Este son eu. Ponme a etiqueta que prefiras.
Avanzado, 3 anos
Avanzado, menos de 1 ano
Experto, 7 anos
Avanzado, 10 anos
Avanzado, menos de 1 ano
Experto, 11 anos
Capaz, 7 anos
Vocación, 17 anos
*Os anos mostrados representan o tempo que pasou desde os meus primeiros traballos.
Avid Media Composer
Apple Final Cut Pro X
Adobe Premiere Pro CC
Adobe Media Encoder
Adobe After Effects CC
Apple Motion
Maxon Cinema4D
The Foundry Nuke X
DaVinci Resolve
Adobe Photoshop CC
Adobe Illustrator CC
Adobe InDesign CC
Sketch
WordPress
Sublime Text
Eclipse
CeltX
Microsoft Office / OpenOffice
Podes ve-los sitios web de cada centro de ensinanza pulsando sobre os seus respectivos nomes, ou visualizar os diplomas obtidos se pulsas sobre os títulos académicos.
Competencia profesional na creación de webs con tecnoloxías HTML5, CSS3, Bootstrap, Javascript, JQuery e AngularJS ademáis de WordPress.
Formación adicional coas seguintes ferramentas software:
Competencia profesional completa co software:
Aproximación académica á análise fílmica, historia do cinema e posta en escena. Especialización no oficio de Director e Axudante de Dirección. Creación de proxectos de longametraxe e ficción televisiva. Aprendizaxe práctica doutras labores nunha produción audiovisual a través de distintas prácticas e curtametraxes, incluíndo Auxiliarías de Dirección, Script, Escritura de Guión e Edición de Video. Adquisición de habilidades para a xestión e dirección de equipos humanos.
Coñecementos de Estructura e Tecnoloxía de Computadores, Metodoloxía e Tecnoloxía da Programación, Estructura de Datos e da Información, Sistemas Operativos, Técnicas de Organización e Xestión Empresarial, Enxeñería do Software de Xestión, Estatística. Competencia en distintas linguaxes de programación como C, Java, Camel, SQL, Fortran, Pascal, etc.
Proxecto Final de Carreira:
Aplicación creada en Java para o Resumo Automático de Textos (Matrícula de Honra).
Nesta páxina relátase só a experiencia laboral relacionada coa miña formación, sen entrar a valora-lo impacto das circunstancias personais na continuidade da mesma.
Involucrado en máis de 40 producións audiovisuais de distintos presupostos (curtametraxes na súa maior parte) realizando labores gradualmente máis orientadas a postprodución.
Ó longo destes anos teño traballado como Director, Primeiro e Segundo Axudante, Auxiliar, Guionista, Script, Operador de Cámara, Director de Arte, Editor de Video e Compositor VFX, en función das necesidades de cada equipo e xeralmente sen ánimo de lucro. Tamén teño colaborado como Consultor de Guión. Pero se sumamos o total de horas traballadas, sen dúbida a labor que máis ocupado me tivo foi a de guionista e escritor. ¡Unha pena que non me encha o peto!
Esta foi a miña primeira e seguramente única curtametraxe en 35mm como Director (por suposto teño varias máis en video dixital). A dicir verdade, non quedei nada contento co resultado, pero foi exhibida en máis de 30 Festivais Internacionais de todo o mundo (o cal non soa tan mal).
Considerando o presuposto manexado, o tamaño do equipo, os enormes problemas de produción, que pronto se revelarían insalvables, e a miña responsabilidade última tratando de manter algúns egos baixo control, poderíase dicir que foi un punto de inflexión na miña carreira. Por sorte xa choveu ben desde entón.
O meu primeiro traballo como deseñador de marca e deseñador web.
A marca, xa existente, formada pola unión de 10 panaderías, foi repensada e actualizada para mostrar unha imaxe máis elegante, primando un aspecto premium nos elementos publicitarios e na paquetería. A páxina web foi tamén actualizada, reemprazando tecnoloxía de principios de 2000 por un tema Wordpress personalizado.
Ademáis, presentouse un plan para a incorporación paulatina do novo deseño, aliviando os costes iniciais de adaptar as tendas ós cambios. O proxecto foi recibido con agrado, pero a implementación está aínda pendente por razóns económicas.
¿Tes algún proxecto chulo en mente? ¿Buscas outro par de mans capaces para sacar adiante un traballo? ¿Ou quizáis estás pensando nun novo compañeiro para o teu equipo? Sexa cal sexa o pensamento que cruza agora mesmo a túa mente, non sexas tímido e fai que me chegue. Escribirme un par de líneas só che levará un minuto. E o mellor de todo é que ¡sae gratis!
Sen dúbida a mellor maneira de non perde-lo contacto…
© Felipe Pardo Otero